6 ene 2012

100 palabras básicas de SEO

29 mar 2011

Libros en galego supoñen só o 1,9% dos editados no estado

Tan só o 1,9 por cento da produción editorial realizada no Estado en 2010 estaba en idioma galego. O dato é superior ao do éuscaro, que representa o 1,1 por cento dos títulos, pero fica moi afastado respecto ao catalán, no que están escritos máis do 10 por cento dos volumes que saen do prelo en España. Ademais, en relación a 2009, a produción en lingua galega caeu un 21 por cento, segundo os datos difundidos polo Instituto Nacional de Estatística. De entre todos os libros en galego, case a metade, o 48 por cento, eran obras literarias; o 15 por cento, publicacións para nenos; e un 19 por cento pertencían á categoría de publicacións oficiais, a porcentaxe máis elevada entre todas as linguas oficiais.

Máis información:

25 feb 2011

Unha opinión sobre a Killzone 3

Killzone 3,  unha das grandes bazas de Sony e a súa PS3 chegou este 23 de Febreiro as tendas. Sony presentanos xunto a Guerrilla Games un excepcional shooter en primeira persoa. Unha historia divertida e un online magnifico fan deste xogo un dos grandes lanzamentos deste ano para PS3.

A historia continua onde acaba a do Killzone 2, con Visari morto. Despois desto, o empresario que distribue as armas Helghast, Stahl e un almirante do exército fanse co poder ainda que pouco duraran estes dous xuntos...
Durante a historia debes intentar chegar á evacuación de helghan pero as cousas complicanse. A salsa da historia é non coñecela antes de xogala portanto, ahi deixo de contar o que sucede. Faise mais divertida a campaña grazas as incrusións de esceas en coches ou en exoesqueletos.

Segue lendo o artigo aquí

30 ene 2011

Mil e un Cunqueiros de Mondoñedo a Vigo

O programa do Ano Cunqueiro 2011 dará comezo entre os días 21 e 26 do vindeiro mes de febreiro en Vigo, con actividades na rúa e lecturas dramatizadas de textos do escritor mindoniense. Entre os meses de marzo e abril Compostela acollerá unha exposición sobre o escritor, un recital poético-musical da man de Amancio Prada e o acto literario “Cunqueiro, a maxia da palabra”, no ciclo “Galicia, ceo das letras”. Será no mes de maio cando se inaugure, tamén na capital galega, unha exposición itinerante sobre Cunqueiro que percorrerá, ata decembro, o concello de Mondoñedo e as principais cidades de Galicia, acompañada coa organización faladoiros sobre diferentes aspectos da súa obra.

Máis información:

27 ene 2011

As matemáticas e o galego

O galego e o castelán poden seguir convivindo durante moitos anos, segundo os resultados dun proxecto posto en marcha por un grupo de investigadores de Física e Matemáticas da Universidade de Santiago. Idearon unha ferramenta, que está a suscitar interese internacional, capaz de medir as posibilidades de supervivencia do bilingüismo. “Ata agora pensábase que sempre que existían dúas linguas nun mesmo territorio unha delas acababa por extinguir á outra, pero nós concluímos que os dous idiomas poden coexistir sempre e cando non sexan moi diferentes entre si e conten cun prestixio parecido”, resumiu nos micrófonos de Radiofusión a coordinador do proxecto, o coñecido divulgador científico Jorge Mira. Máis información

15 ene 2011

Dulce Pontes cantará en Cosquín con BellónMaceiras

Daniel Bellón e Diego Maceiras tocarán no festival de Cosquín, na Arxentina, un dos máis importantes do mundo, coa portuguesa Dulce Pontes. Formarán un cuarteto acompañados ao piano por Juan Carlos Cambas. A actuación terá lugar o domingo 30 deste mes de xaneiro. Seguirán a súa actuación 500.000 persoas en directo e arredor de 12 millóns por televisión, segundo as previsións da organización.
Segue lendo aquí e escoita a conversa con Daniel Bellón e Diego Maceiras

12 ene 2011

Aquí non hai quen viva

Acontece todos os sábados ás doce do mediodía, cando un tenta apurar o quinto ou sexto sono na cama. Starsailor, unha banda pouco popular dos restos do brit-pop, comeza a soar a través dos muros até que salto fóra do colchón. Ao meu veciño, atrapado no ano 2001, débolle non perder a fin de semana descansando entre sabas. O ritual sucédese con puntualidade británica semana si e semana tamén, e o volume é tan notable que xa aprendín a cantaruxar as súas cancións favoritas. Mesmo sei que nos últimos meses ampliou a súa discografía: debéronlle agasallar os discos de The National e La Bien Querida, pero sempre, indefectiblemente, acabamos retornando as cancións de Starsailor que, a base dese traballo de percusión auditiva pouco subliminar, xa son capaz de asubiar baixo a ducha.

Segue lendo:
Aquí