30 ene 2011

Mil e un Cunqueiros de Mondoñedo a Vigo

O programa do Ano Cunqueiro 2011 dará comezo entre os días 21 e 26 do vindeiro mes de febreiro en Vigo, con actividades na rúa e lecturas dramatizadas de textos do escritor mindoniense. Entre os meses de marzo e abril Compostela acollerá unha exposición sobre o escritor, un recital poético-musical da man de Amancio Prada e o acto literario “Cunqueiro, a maxia da palabra”, no ciclo “Galicia, ceo das letras”. Será no mes de maio cando se inaugure, tamén na capital galega, unha exposición itinerante sobre Cunqueiro que percorrerá, ata decembro, o concello de Mondoñedo e as principais cidades de Galicia, acompañada coa organización faladoiros sobre diferentes aspectos da súa obra.

Máis información:

27 ene 2011

As matemáticas e o galego

O galego e o castelán poden seguir convivindo durante moitos anos, segundo os resultados dun proxecto posto en marcha por un grupo de investigadores de Física e Matemáticas da Universidade de Santiago. Idearon unha ferramenta, que está a suscitar interese internacional, capaz de medir as posibilidades de supervivencia do bilingüismo. “Ata agora pensábase que sempre que existían dúas linguas nun mesmo territorio unha delas acababa por extinguir á outra, pero nós concluímos que os dous idiomas poden coexistir sempre e cando non sexan moi diferentes entre si e conten cun prestixio parecido”, resumiu nos micrófonos de Radiofusión a coordinador do proxecto, o coñecido divulgador científico Jorge Mira. Máis información

15 ene 2011

Dulce Pontes cantará en Cosquín con BellónMaceiras

Daniel Bellón e Diego Maceiras tocarán no festival de Cosquín, na Arxentina, un dos máis importantes do mundo, coa portuguesa Dulce Pontes. Formarán un cuarteto acompañados ao piano por Juan Carlos Cambas. A actuación terá lugar o domingo 30 deste mes de xaneiro. Seguirán a súa actuación 500.000 persoas en directo e arredor de 12 millóns por televisión, segundo as previsións da organización.
Segue lendo aquí e escoita a conversa con Daniel Bellón e Diego Maceiras

12 ene 2011

Aquí non hai quen viva

Acontece todos os sábados ás doce do mediodía, cando un tenta apurar o quinto ou sexto sono na cama. Starsailor, unha banda pouco popular dos restos do brit-pop, comeza a soar a través dos muros até que salto fóra do colchón. Ao meu veciño, atrapado no ano 2001, débolle non perder a fin de semana descansando entre sabas. O ritual sucédese con puntualidade británica semana si e semana tamén, e o volume é tan notable que xa aprendín a cantaruxar as súas cancións favoritas. Mesmo sei que nos últimos meses ampliou a súa discografía: debéronlle agasallar os discos de The National e La Bien Querida, pero sempre, indefectiblemente, acabamos retornando as cancións de Starsailor que, a base dese traballo de percusión auditiva pouco subliminar, xa son capaz de asubiar baixo a ducha.

Segue lendo:
Aquí

1 ene 2011

Curros Enriquez, o poeta do tren


A Fundación Curros Enríquez intensifica a campaña para para solicitar ao Ministerio de Fomento que a próxima estación do AVE de Ourense leve o nome do escritor e para que se coloque nun sitio visible o seu poema Na chegada a Ourense da primeira locomotora. A entidade acaba de por á disposición dos visitantes da Casa dos Poetas os documentos de adhesión a este proxecto que xa obtivo, entre outros, o apoio unánime do pleno do Concello de Celanova.



Desde a Fundación enténdese que “a esperanza actual pola chegada do Tren de Alta Velocidade a Ourense” xa foi recollida nos versos de Na chegada a Ourense da primeira locomotora, que Manuel Curros Enríquez escribiu na primavera de 1881.