18 dic 2010

Puxemos moi alta a lingua galega

A comunidade galega na rede social Twitter conseguiu o maior éxito até agora da lingua galega nas redes sociais internacionais. En homenaxe ao nacemento de Ánxel Casal e de Isidro Parga Pondal, ben como á morte do marechal Pardo de Cela, promoveuse unha campaña co uso da etiqueta (ou hashtag) #galega como marca identificadora o pasado venres dia 17. En algo menos de 40 minutos, conseguiuse colocar a palabra #galega  entre os 8 temas máis falados no Estado español; en pouco máis dunha hora, xa estaba no máis alto… e continuou nos denominados TT (os top ten) durante máis de 24 horas. Na iniciativa participaron persoeiros da cultura e da literatura galega como Marcos Calveiro, Xosé Manuel Pereiro ou Xabier P.Docampo, entreoutros.

A campaña, nacida dunha iniciativa conxunta de Radiofusión (a rede galega da radio pública local) e GalegoLab, foi un rotundo éxito, que se traduce nas seguintes cifras: máis de 1700 mensaxes (ou tweets) enviadas o venres dia 17, na súa inmensa maioría entre as 16h e as 17h15min; 322 participantes, a pesar de tratarse dunha tarde de venres; máis de 6 horas (e contando…) de lideranza ininterrompida no Estado español; e máis de 200.000 persoas expostas ás mensaxes coa etiqueta #galega. Con iso, conseguiuse por un lado render unha homenaxe aos persoeiros da nosa historia cuxas efemérides se celebraban nesta data; "e, por outro, darnos un baño de autoestima ao comprobar que somos capaces de alcanzar obxectivos ambiciosos cando actuamos colectivamente e en nome do que nos une", segundo afirman os promotores da iniciativa.

Claro que, como toda conquista, esta tamén abre un novo reto, que consiste en superar o conseguido o venres dia 17. A meta non pode ser outra que entrar no Top Ten a nivel mundial, feito que garantiría unha visibilidade para a nosa lingua e cultura sen precedentes no mundo dixital, e que sen dúbida despertaría o interese e a curiosidade de numerosos medios de comunicación internacionais que se nutren habitualmente das novidades xeradas no Twitter, rede social que xa conta con máis de 175 millóns de usuarios.

17 de decembro, o Dia D

Hoxe é o día de #galega

Hoxe, de 16 a 17 horas, levarase a cabo o segundo asalto para intentar situar a palabra #galega nos Trending Topics do Twitter. Tras un primeiro intento o pasado 6 de outubro, no que se situou como o tema do momento no estado español nesa franxa horaria, o de hoxe realízase para conmemorar o cabodano da execución de Pardo de Cela en Mondoñedo, o aniversario do nacemento de Anxel Casal e de Isidro Parga Pondal.
Calcúlase que se precisa xuntar uns 750 usuarios que envíen sobre 3.300 twits (xuntando esa cifra, daría a uns 5 twits por usuario, pero evidentemente o número non está limitado e, cantos máis se envíen, mellor).
A comunidade twitteira galega xa está quentando motores dende primeira hora e numerosos usuarios deixaron xa claras a súa intención de colaborar coa iniciativa tan pronto os reloxos marquen as 16 horas.
¡Anímate a colaborar ti tamén e entre todos poderemos conseguilo!

16 dic 2010

Para poñer a lingua galega máis alta

A data é o dia 17 de decembro do 2010. Entre as 16 e as 17 horas (hora de Madrid) precisamos que envies ao menos 5 tuits coa etiqueta #galega, á rede social twitter. Faremos así visible o idioma galego para os 175 millóns de usuarios desta rede.

A galega, uma lingua e uma identidade

ORIGENS

Após a desmembración do Império Romano, a língua galega começa a constituir-se como uma variante do latín que progressivamente adquire características singulares com as invasões germanicas e o estabelecimento do Reino Suevo de Galícia no ano 410.

IDADE MÉDIA

Durante a Idade Média, um evento conecta definitivamente Galícia e sua língua com todas as correntes culturais e humanas europeas: a descoberta da tumba do apóstol Santiago. Desde o século IX, multidão de peregrinos procedentes de toda Europa se dirigirão a Galícia através dos Caminhos de Santiago de Compostela, verdadeiras autopistas de intercâmbio e transmissão do saber.
Santiago de Compostela é hoje a capital de Galícia, que é reconhecida oficialmente como nacionalidade histórica.

Os TROVADORES E A IDADE DE OURO DA LITERATURA GALEGA.

 Desde o século XII e até o começo do XIV, Galícia compartilhará com Portugal uma das tradições literárias mais ricas de Europa. Os trovadores medievales vão desenvolver um estilo artístico equivalente ao de autores-compositores contemporâneos como Jacques Brel ou Bob Dylan. Primeiro inspiram-se tradições provenzales e depois incluem elementos autóctonos.

O galego foi uma língua de cultura bem mais lá das fronteiras de Galícia e de Portugal ; assim, inclusive o rei de Castela, Alfonso X O sábio, redigiu as «Cantigas de Santa Maria» em galego. Isso mostra até que ponto a língua galega se percebia na península Ibérica como o veículo ideal para a expressão musical e poética. Ainda no século  XV, o Marqués de Santillana, ele mesmo poeta, afirmou: « não faz  muito tempo, qualquer poeta ou trovador destes lares, fora- castelhano, andaluz ou de Extremadura, compunha todas suas obras em língua galega ou portuguesa».

O GALEGO HOJE

Após um período de decadência devida ao impacto da expansão do castelhano (espanhol), o galego levantou-se com força no século XIX da mão dos poetas do «Rexurdimento»  que voltaram a dar na literatura galega sua glória de antanho. Entre eles, a célebre poeta Rosalia de Castro, figura clave do romantismo ibérico, que, com a publicação de sua obra com poemas em Galego, marca uma nova saída para Galícia e sua língua. Com o fim de celebrar este acontecimento, todos os anos tem lugar o 17 de maio no « Dia dás Letras Galegas » virado em animar a utilização e o conhecimento da língua galega.

Na atualidade, a literatura galega contínua sendo cultivada por várias gerações de escritores. Assim, constitui-, desde suas origens até o presente, uma verdadeira fazenda do patrimônio cultural europeu. O galego, reconhecida como uma das quatro línguas oficiais do estado espanhol (com o catalão, o euskera e o castelhano) chega a todas as manifestações artísticas e humanas da sociedade galega. Uma língua viva na qual os galegos se expressam e se desenvolvem, criam e compartilham, amam e vivem!

15 dic 2010

En marcha o segundo asalto para situar a palabra #galega entre os temas do momento en Twitter



A iniciativa farase o 17 de decembro das 16 ás 17 horas, conmemorando a execución de Pardo de Cela en Mondoñedo, o nacemento de Ánxel Casal e de Isidro Parga Pondal

O vindeiro 17 de decembro, entre as 16 e as 17 horas, a comunidade galega de usuarios da rede social Twitter buscará situar a palabra #galega entre os temas do momento (trending topics) de dita rede social, non só a nivel estatal senón de todo o mundo.
Para iso, GalegoLab e Radiofusión, a Rede Galega de Emisoras Municipais, promotoras da inicitiava, márcanse como obxectivo involucrar a uns 750 usuarios que, nesa franxa horaria, posteen cinco mensaxes cada un, para acadar así a cifra de 3.300 twits. Con ela, calculan, ingresaríase na lista de temas máis tratados.

A iniciativa busca divulgar a lingua galega entre os 250 millóns de usuarios que conforman a comunidade de Twitter, nomeadamente os episodios que levaron á execución do mariscal Pardo de Cela. Quere difundir tamén as experiencias vitais de Ánxel Casal e Isidro Parga Pondal como exemplos de compromiso á vez que dar visibilidade, especialmente no Brasil, da problemática da lingua galega.

O primeiro intento, un éxito

O primeiro intento para acadalo tivo lugar o 6 de outubro deste ano, cadrando co aniversario do primeiro mitin político en galego pronunciado por Lugrís Freire en Betanzos ese mesmo día no ano 1907.

Nesa ocasión logrouse poñer #galega como o tema do momento durante esa hora en España (e como o quinto máis utilizado do día), con máis de 1500 twits feitos por máis de 300 usuarios.

Desta volta búscase non soamente repetir o éxito da primeira tentativa -na que tanto xente anónima como nomes destacados da cultura galega empregaron a palabra en inxeniosas mensaxes de temática moi variada-, senón superalo e colocar #galega no máis empregado mundialmente.

13 dic 2010

Segundo asalto para situar a lingua galega entre os temas do momento en twitter

 A iniciativa faráse o venres 17 de decembro das 16 ás 17 horas, conmemorando a execución de Pardo de Cela en Mondoñedo e o nacemento de Anxel Casal e de Isidro Parga Pondal. A comunidade galega de usuarios da rede social Twitter buscará situar a etiqueta #galega entre os temas do momento (trending topics) da citada rede social en todo o mundo.



Máis información