18 dic 2010

17 de decembro, o Dia D

Hoxe é o día de #galega

Hoxe, de 16 a 17 horas, levarase a cabo o segundo asalto para intentar situar a palabra #galega nos Trending Topics do Twitter. Tras un primeiro intento o pasado 6 de outubro, no que se situou como o tema do momento no estado español nesa franxa horaria, o de hoxe realízase para conmemorar o cabodano da execución de Pardo de Cela en Mondoñedo, o aniversario do nacemento de Anxel Casal e de Isidro Parga Pondal.
Calcúlase que se precisa xuntar uns 750 usuarios que envíen sobre 3.300 twits (xuntando esa cifra, daría a uns 5 twits por usuario, pero evidentemente o número non está limitado e, cantos máis se envíen, mellor).
A comunidade twitteira galega xa está quentando motores dende primeira hora e numerosos usuarios deixaron xa claras a súa intención de colaborar coa iniciativa tan pronto os reloxos marquen as 16 horas.
¡Anímate a colaborar ti tamén e entre todos poderemos conseguilo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario