26 sept 2010

Le Galician: Une langue et une identité

ORIGINES

Suite au démembrement de l'Empire romain, la langue galicienne commence à se constituer comme une variante du latin qui progressivement va acquérir des caractéristiques singulières avec les invasions germaniques et l'établissement du Royaume Souabe de Galice en 410.

MOYEN ÂGE

Pendant le Moyen Âge, un évènement va connecter définitivement la Galice et sa langue avec tous les courants culturels et humains européens: la découverte du tombeau de l'apôtre saint Jacques. Depuis le IXe siècle, des foules de pèlerins venant de toute l'Europe se dirigeront vers la Galice à travers les Chemins de Saint-Jacques Compostelle – véritables autoroutes d'échange et transmission du savoir.
Rappelons que Saint-Jacques de Compostelle est aujourd'hui la capital de la Galice, qui est reconnue officiellement comme nationalité historique.

LES TROUBADOURS ET L'ÂGE D'OR DE LA LITTERATURE GALICIENNE.

Du XII siècle et jusqu'au début du XIV, la Galice partagera avec le Portugal l'une des traditions littéraires les plus riches d'Europe. Les troubadours médiévaux vont développer un style artistique équivalent à celui d'auteurs-compositeurs contemporains comme Jacques Brel ou Bob Dylan. Tout d'abord en s'inspirant des traditions provençales et puis en incluant des éléments autochtones.

Le galicien fut une langue de culture bien au-delà des frontières de la Galice et du Portugal ; ainsi, même le roi de Castille, Alphonse X le sage, rédigea sont chef-d'œuvre, les « Cantigas de Santa Maria » (Chants de Sainte Marie), en galicien. Cela montre jusqu'à quel point la langue galicienne sera perçue dans la péninsule Ibérique comme le véhicule idéal pour l'expression musicale et poétique. Encore au XV siècle, le Marquis de Santillana, lui même poète, affirma: « il n'y a pas longtemps, n'importe quel poète ou troubadour de ces contrées, fût-il castillan, andalou ou de l'Estrémadure, toutes ses œuvres composait en langue galicienne ou portugaise ».

LE GALICIEN AUJOURD'HUI

Après une période de déclin dû a l'impact de l'expansion du castillan (espagnol), le galicien s'est relevé avec force au XIX siècle de la main des poètes du « Rexurdimento » (Renaissance galicienne) qui ont redonné à la littérature galicienne sa gloire d'antan. Parmi eux, la célèbre poétesse Rosalie de Castro, figure clé du romantisme ibérique, qui, avec la publication de son premier recueille de poèmes en Galicien, marque un nouveau départ pour la Galice et sa langue. Dans le but de fêter cet événement, tous les ans a lieu le 17 mai le « Día das Letras Galegas » (Journée des Lettres Galiciennes) consacré à encourager l'utilisation et la connaissance de la langue galicienne.

A l'heure actuelle, la littérature galicienne continue à fleurir et à être cultivée par plusieurs générations d'écrivains. Ainsi, constitue-t-elle, des ses origines jusqu'à présent, un véritable trésor du patrimoine culturel européen. Le galicien, reconnue comme une des quatre langues officielles de l'état espagnol (les autres trois étant le catalan, le basque et le castillan) touche à toutes les manifestassions artistiques et humaines de la société galicienne. Une langue vivante dans laquelle les galiciens s'expriment et se développent, créent et partagent, aiment et vivent!

23 sept 2010

O operativo de MPG6

Como podo participar en "Móllate polo galego"?

Se non eres usuario de twitter tes que abrir unha conta nesa rede social.

Cando se celebrará "Mollate polo galego"?

Realizaremos a acción o dia 6 de outubro entre as 16 e as 17 horas. As persoas participantes deben subir a twitter ese dia, entre 5 e 10 comentarios, relacionados a ser posibel coa lingua galega, e todos eles coa etiqueta #galega.

Cal é o obxectivo de "MPG6"?

Pretendemos levar a lingua galega á portada de twitter. Para iso calcúlase que se necesitan 500 internautas que envien entre 5 e 10 comentarios. Lograráse así visibilidade para os 145 millóns de usuarios desta rede social.

É factible levar o galego á portada do twitter?

O xoves 23 de setembro xa temos 100 internautas comprometidos a enviar os twits ese dia. De aquí ao 6 de outubro lograremos os 400 que nos restan.

Que tipo de comentarios se deben subir?

Os que ti queiras. A modo de suxerencia incorporamos algunhas propostas na páxina web de radiofusión:


O 6 de outubro conmemórase o mitin de Lugrís Freire:

http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=7656


22 sept 2010

Así naceu o galego

Dende o desmembramento do Imperio Romano foise configurando no noroeste da Península Ibérica un dialecto do latín con certas características peculiares, que se foron facendo máis definidas a partir das invasións xermánicas e o establecemento do reino suevo de Galicia. Despois da chegada dos árabes a Al Andalus (711), vaise perfilando unha lingua diferente ás outras linguas peninsulares, que vai coñecer, a partir do século XII, un extraordinario esplendor literario no campo da lírica.

Durante os reinados de Afonso VII (1111-1157) e os seus sucesores Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230), a nobreza galega ten extraordinario poder na corte, e os propios monarcas mantéñense moi vencellados con Galicia. No territorio galego, o século XII é a centuria do grande poder da nobreza eclesiástica. Son os tempos do Arcebispo Xelmírez en Compostela, cando esta cidade comeza a disputar a Roma a capitalidade espiritual de Occidente, os tempos da expansión da arte románica polo camiño de Santiago, todo dentro do marco do desenvolvemento económico e cultural da sociedade galega.

As primeiras manifestacións da literatura galega son de carácter lírico. Os primeiros trovadores galegos comezan imitando a moda literaria que vén de Provenza pero inmediatamente incorporan ao seu repertorio cántigas de tipo tradicional galego, a imitación das que cantaba o pobo e que se viñan conservando por tradición oral. Nesta época medieval o galego e o portugués eran unha mesma lingua. As pequenas diferencias existentes entre a lingua falada ao norte e ao sur do río Miño apenas ten relevancia nos cancioneiros. En pleno século XV ha dicir o Marqués de Santillana que "non hai moito tempo calquera deçidores e trovadores destas partes, agora fosen casteláns, andaluces ou da Extremadura, todas as súas obras compoñian en lingua galega ou portuguesa".

21 sept 2010

Lugrís Freire falou en galego en Betanzos o 6 de outubro de 1907

O xurista Manuel Lugrís Freire pronunciou o 6 de outubro de 1907 en Betanzos o primeiro mitin político do que se ten constancia que se pronunciara integramente en lingua galega. Lugrís chamou á solidaridade e a unión de agricultores e gandeiros para lograr o progreso. "Unha vara sola é fácil de romper, pero todas xuntas non hai quen as dobre" afirmou o avogado coruñés. De seguido reproducimos o texto íntegro do mitin, recollido de Radiofusión.

"Mariñáns e montañeses, homes traballadores e honrados, saúde.
O que agora ten o atrevimento de falarvos, é tamén un mariñán que tivo a grande sorte de nacer nesta bendita e ridente terra nosa; e coma tal mariñán, quérovos falar na lingua gallega, primeiramente, porque deste xeito entenderédesme mellor, e despóis porque un boletín da Coruña, que pra escarnio e vergonza do bon sentido leva o nome santo da nosa terra, dixo que se hoxe se vos parolaba en gallego, na fala que adeprendimos das nosas nais, na fala querendosa en que vosoutros namorástedes ás compañeiras da vosa vida e dos vosos infortunios, nais cariñosas dos vosos fillos, enterraríase no ridículo a propaganda de redención, de verdadeira libertá, que alborexa para esta terra. (Aprausos).
Con todo o meu corazón quero esta terra mariñana, terra que defendín aquí i en terras de lonxe, gabándome sempre de sere paisano voso. Como tamén sobre a fala gallega, que é sagrada para nós, por ser un herdo dos nosos antepasados, deixaron caer a súa bulra os estúpidos que renegan do que nin siquera renegan as feras, quero hoxe, repito, falarvos na nosa fala, porque é unha fala honrada, na que aínda non se furtóu, na que non se escribiron os recibos dos consumos, e as notificaciós de embargo das vasas facendas, nin a declaración de soldados que arrinca dos vosos lares ós fillos cando vos fan máis falta para o duro traballo da terra. (Grandes aprausos).
Din por aí que a emigración é causa boa. Poida que por decontado o sea. Pero eu, mariñáns, que tamén fun emigrante, podo decirvos que é boa, como é bon que un sentenciado á morte negra fuxa, se pode, do cárcere; como un home fuxa da terra inzada de lobos, como o paxaro fuxa do cova das víboras. Que lle pergunten ao gallego por qué larga da súa terra, que lle pergunten cántas bágoas verteron os seus ollos ao dar o derradeiro adiós á terra quirida, ao cimiterio que garda as cinzas dos seus pais, á aldea quirida onde xogóu de pequeno... ¡Que lle pergunten! E se eles responden, veredes qué negra noite de angustias, que doridos laios levan na ialma ao deixaren esta terra, que debía ser nosa, e que non podemos vivir nela porque non hai xusticia nin libertá senón para esa maldita casta que chamades caciques.
Eu que vivo na Cruña, teño visto ós emigrantes, famentos, pálidos, tristes, esconsolados, coas mans callosas de tanto traballo... , que xa sabedes que desta terra fuxen os que traballan, pero non os zamezugas da política que teñen as mans suaves e levan os callos na ialma. (Un paisano grita: "¡Benia a nai que o paríu!").
Meus paisanos, meus irmãs, escoitade ... , escoitade ben. Non vos esquenzades, eu volo rogo, de que a unión é a forza, e se vos xuntades, non hai cañós que poidan con nosoutros.
Ben sabedes que hai un paxaro ladrón, fero e forte, que se chama o bexato. Este paxaro anda sempre voando sobre das vosas chousas agardando o momento de atopar unha víctima. Cando un pito queda solo na eira ou no curro, o bexato baixa como unha centella e cómeo. Pero hai outro paxaro cativo, o gorrión, que cando se ve atacado chama piando polos demás gorriós para que lle vallan, e como os gorriós teñen irmandade e axúdanse, xúntanse todos e bótanse sobre do bexato, e mátano. ¡Pois ben, marináns, xuntádevos todos vós contra dos bexatos da política que voan sobre dos vosos hórreos! (Atronadores aprausos).
E non coidedes que estas asociaciós para a vosa defensa é cousa nova nesta terra das Mariñas. Noutros tempos, no sigro XIII, habia unhos homes poderosos, condes, marqueses e nobres, que vivian en castelos nos cumes das montañas, sempre escollidos polos paxaros de rapina, e que se facian donos das vosas vidas, das vosas honras e máis das vosas terras. Un dia, un poeta marinán, chamado Patiño, que tiña na ialma a nobreza e fidalguía dos betanceiros don Víctor Naveira e don Juan Golpe que vos dirixen nestes tempos, xuntóu a todos os labregos das Mariñas... e aqueles nobres, condes e marqueses, foron duramente escarmentados, os seus castelos desfeitos, e a xusticia cumprida; e de escravos fixéstevos homes libres pola razón da forza que sempre se encontra na irmandade e na unión, e a forza é un dereito cando nos queren curtar aquela de que sólo Dios é dono: a libertá e a honra.

Hoxe rexurden aqueles malos homes, que é ben certo que a mala herba non morre senón arrincándoa de rais e aplicándolle fogo; hoxe volven a facervos escravos, a roubarvos o direito de homes libresi, o tedes que tornar a xuntarvos fortemente contra dos bexatos do caciquismo. (Aprausos).

Escoitadeeste pequeno conto, que é de moito proveito.

Unha vez un vello petrucio estaba enfermo de morte. Xuntou rente do seu leito aos nove fillos que tiña, e díxolle ao máis pequeno que collera unha vara de bimbio e que a rompera. A vara rompeu facilmente. Despóis díxolle ao fillo máis vello, que era forte e valente que rompera as nove varas xuntas. Por moita forza que fixo, non puido nin siquera doblalas. Entonces dixo o vello petrucio: "a vedes, meus fillos, que unha vara sola é fácil de romper, pero todas xuntas non hai quen as dobre. Eu vou a morrer axiña, e rógovos que teñades sempre irmandá, que vos defendades todos xuntos, para que os os vosos enemigos non poidan facervos mal".

Seguide, pois, asociándovos; xuntádevos contra dos vosos enemigos, e seredes fortes, e seredes libres, e faredes libre e honrada, rica e poderosa, a terra quirida onde todos nacimos.
¡Viva Galicia! ¡Viva a solidaridá! (Grandes e prolongados aprausos).
En Manuel Lugrís Freire, Discurso, en Eugenio Carré Aldao, Literatura gallega, segunda edición, Barcelona, 1911, pp. 496-498

20 sept 2010

Mólhate polo galego

Tentamos situar e divulgar o conceito de língua galega entre os 145 milhões de utentes de twitter. Buscamos que se conheça a existência do nosso idioma no mundo, um modo mais de prestixialo. A seguinte proposta trata de visibilizar a língua galega em Internet através da sua presença no twitter, rede social que conta com 145 milhões de utentes, segundo dados de começos deste mês de Setembro. O objectivo é situar o hashtag #galega entre os "trending topics" (temas do momento) em Twitter.


A proposta que fazemos é que se divulgue entre os utentes de twitter (ou gente disposta a dar-se de alta nessa rede) a enviar twits com esse hashtag o dia 6 de outubro entre as 4 e as 5 da tarde. Comemoraríamos assim os 103 anos desde que Manuel Lugrís falou em galego pela primeira vez num mitin político celebrado em Betanzos.
Na iniciativa quérese implicar também a internautas de Portugal e Brasil, divulgando ali, que é a língua galega, as suas origens, e onde situamos a Galiza. Por suposto também a toda América do Norte Latina e aos galegos residentes em qualquer parte do mundo.

Estudos optimistas indicam que bastam com 500 utentes e 1200 twits para aparecer na lista dos 10 "trending topics" de Twitter. Os bibliotecários fizeram não passado mês de Agosto uma iniciativa similar e não alcançaram aparecer apesar de superar essa cifra.


As necessidades


-Internautas que se comprometam a divulgar a iniciativa através de twitter, dos seus blogs, páginas web,...
- Gente que elabore uma breve história da língua galega.
- Gente que traduza essa história da língua galega ao inglês, francês, alemão, português, espanhol, português do Brasil, japonês e chinês.

Objectivos


-Situar o hashtag #galega em twitter.
-Divulgar a existência e a história da língua galega através desta rede social

Quando, onde, para quem...

A iniciativa vai dirigida a todos os internautas mas naturalmente em primeiro lugar aos utentes de twitter.

Qual é o prazo de execução?

O 6 de Outubro do 2010 entre as 16 e as 17 horas