23 sept 2010

O operativo de MPG6

Como podo participar en "Móllate polo galego"?

Se non eres usuario de twitter tes que abrir unha conta nesa rede social.

Cando se celebrará "Mollate polo galego"?

Realizaremos a acción o dia 6 de outubro entre as 16 e as 17 horas. As persoas participantes deben subir a twitter ese dia, entre 5 e 10 comentarios, relacionados a ser posibel coa lingua galega, e todos eles coa etiqueta #galega.

Cal é o obxectivo de "MPG6"?

Pretendemos levar a lingua galega á portada de twitter. Para iso calcúlase que se necesitan 500 internautas que envien entre 5 e 10 comentarios. Lograráse así visibilidade para os 145 millóns de usuarios desta rede social.

É factible levar o galego á portada do twitter?

O xoves 23 de setembro xa temos 100 internautas comprometidos a enviar os twits ese dia. De aquí ao 6 de outubro lograremos os 400 que nos restan.

Que tipo de comentarios se deben subir?

Os que ti queiras. A modo de suxerencia incorporamos algunhas propostas na páxina web de radiofusión:


O 6 de outubro conmemórase o mitin de Lugrís Freire:

http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=7656


No hay comentarios:

Publicar un comentario