3 oct 2010

Conmemoran o mitin de Lugrís nas redes sociais

O 6 de outubro de 1907 o avogado coruñés Manuel Lugrís pronunciou o primeiro mitin político en lingua galega do que se ten constancia. Falou en Betanzos nun acto en favor da Solidaridade Galega e da unión de agricultores e gandeiros contra o caciquismo. Radiofusión quere conmemorar o evento o vindeiro mércores cunha iniciativa en twitter. Pídelle a todos os galegos usuarios desa rede social, que o 6 de outubro entre as 16 e as 17 horas envien arredor de 8 comentarios sobre a lingua galega e co tag #galega. Dese xeito o idioma podera situarse nos trendig topics ou temas mais utilizados nunha rede social que conta con máis de 145 millóns de usuarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario