10 oct 2010

A #galega, a primeira no twitter

O hashtag #galega logrou posicionarse como a etiqueta máis usada entre as 16 e as 17 horas do 6 de outubro do 2010 na rede social twitter no Estado español. Tratábase dunha iniciativa de Radiofusión e de galegolab para difundir a existencia e as potencialidades da lingua galega. Na acción participaron nese espazo de tempo un total de 258 internautas que enviaron 1148 tweets. As estatísticas desa hora indican que farían falla 750 usuarios e arredor de 3.300 tweets para chegar a figurar no Top 10, as 10 etiquetas máis utilizadas nesa franxa horaria en todo o mundo.
A iniciativa tivo unha grande repercusión nos medios de comunicación tradicionais, e xenerou incluso estudios sobre a comunidade de usuarios de twitter en Galicia.


+  info:
Radiofusion

No hay comentarios:

Publicar un comentario